Con moito sentido e moito consenso, Os vecinos de Cabral, no derradeiro mes de 1987, tomaron a decisión en Asemblea parroquial, de reclamar diante do Xurado Provincial de Montes da Consellería de Agricucultura da Xunta de Galicia, os montes Comunais.
A superficie a reclamar, como non podía ser doutra maneira, axustouse a realidade do que era o monte comunal, naqueles intres en poder do Concello de Vigo, e así está recollido en acta. (…) de la necesidad de que, los montes de Cabral pasen a ser regidos por los vecinos y no por el Ayuntamiento. A ninguén se lle pasaba pola cabeza reclamar o monte de libre disposición do século XIX, nin do século XVIII inventariado a raíz da elaboración do Catastro do Marqués de la Ensenada.
Agora, trinta anos despois (1989) do logro máis grande da historia de Cabral, que foi a reconquista dos montes comnumais a favor de toda a veciñanza, feito que propición a colectividade grandes beneficios, o autoritarismo da sen razón de mentes de rancio feudalismo, queren exercer uns dereitos ancestrais, acosando, invadindo e denunciando a una serie de de vecinos, ente eles a pequenos autónomos, poñendeo en perigo moitos postos de traballo.
Este irracional asedio depredador, orixina un caos de consecuencias catastróficas para ducias de personas, afectadas polas repercusións dun novo deslinde que, ensancha o actual perímetro dos montes: Coto Grande, Gorguiña (Caeiro), Feira, Loureiro-Rans, Bandeira etc.
Esa xestión de acoso producirá un resultado ruinoso para moitas familias.
O mal xa está feito, ainda que nos volvan a repetir una e mil veces aquilo de: Dijimos y nos comprometimos, ante la misma asamblea que sin meternos con ningún vecino de la parroquia de Cabral, nos disponíamos a ampliar el patrimonio forestal (…).
A desvalorización das propiedades na parroquia e un feito consumado. Ninguén invertirá no que ten o cuño de dubidosa propiedade. Aquel histórico acordo asembleario, tomado no Colexio Público de Becerreira, no que se deixaba claro e nítido o respecto as propiedades dos veciños, que estaban fora do perímetro dos montes que tutelaba o concello e clasificou o Xurado de Montes de Pontevedra quebrantouse.